> Inicio
_
> Programa Completo
_
> Entradas
_
> Axenda
_
> Edicións anteriores
_
> Contacto
_

SANTIAGO DE COMPOSTELA 2014
 
 
Síguenos en Facebook
Taquilla novagaliciabanco

CONDICIÓNS DE USO DESTE SITIO WEB

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo (en adiante, "a entidade responsábel") é responsable do sitio web www.viastellae.es, no que se publica información relacionada co Festival Via Stellae. O contido deste sitio web poderá ser modificado e actualizado sen necesidade de previo aviso, tanto no referente ás informacións como á estrutura e deseño gráfico.

O sitio web inclúe enlaces externos que son de interese para o usuario, observando sempre a normativa que regula os dereitos de propiedade intelectual e as normas básicas de comportamento ético na Internet. A este respecto, a entidade non se responsabiliza das modificacións que se poidan producir nos destinos dos enlaces externos incluídos no sitio municipal, nin do uso que se faga deses contidos por parte dos usuarios da web.

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo é titular dos dereitos de propiedade intelectual do deseño e códigos que se recollen no sitio web, agás que se faga referencia expresa en sentido contrario. As marcas ou signos distintivos de calquera clase que se recollen nestes sitios web están igualmente protexidos pola lexislación vixente. A súa reprodución, distribución, comercialización ou modificación non autorizada constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual.

A utilización non autorizada expresamente da información contida nos dominios, así como os danos e perdas que se puidesen ocasionar nos dereitos de propiedade intelectual e industrial da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, poderán orixinar o exercicio por parte desta Sociedade das accións que legalmente procedan.

O usuario recoñece e acepta que o uso que realiza dos contidos e servizos ofrecidos pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo na súa web, queda baixo o seu único e exclusivo risco e responsabilidade.

O usuario comprométese a facer un uso dos servizos e contidos da web axeitados á lei e a non empregalos para realizar actividades ilícitas ou contrarias ás normas básicas de comportamento ético en Internet, que atenten contra os dereitos de terceiros ou que infrinxan os dereitos da propiedade intelectual e industrial, ou calquera outra norma aplicábel.

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo non será responsábel dos fallos que se puidesen producir nas comunicacións, incluída a borradura, transmisión incompleta ou atrasos na remisión, e tampouco se compromete a que a rede de transmisión estea operativa en todo momento. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao sitio web ou aos servizos, en calquera momento, e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicións.

Nos casos non previstos nestas condicións xerais, así como na interpretación e resolución dos conflitos que puidesen xurdir como consecuencia dos mesmos será de aplicación a lexislación española.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen no sitio web www.viastellae.es realízase de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e demais normativa aplicábel. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicábel, por escrito dirixido a:

Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38
Pavillón de Galicia - San Lázaro
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA





Condicións de uso